Saturday 27 de April de 2024

Alternativa pide melloras de seguridade no cruce da AC-214 coa Rúa Frais en Cecebre


Este cruce é coñecido pola veciñanza porque non ten unha gran visibilidade, situación empeorada polo abandono da maleza que cubre o espello que facilita a incorporación.
Alternativa deu traslado da situación ao goberno municipal para que tomen as medidas oportunas para poñer solución e mellorar a seguridade neste cruce.